Monday 13 de May de 2024

Servizos Sociais impartirá unha formación específica de servizos de axuda no fogar


Os tenente de alcalde e concelleiro de Servizos Sociais Vicente Mariño presentou hoxe a formación O servizos de axuda no fogar: Coidados específicos.
O curso será en modalidade presencial nas Aulas de Servizos Sociais en Cristobal Colón. Este curso teórico-práctico terá unha duración de 30 horas, e desenvolverase nos sábados 13, 20 e 27 de abril e 4, 11 e 18 de maio.
A formación será impartida por unha titulada en Enfermería, unha licenciada en Dereito e un graduado en Traballo Social. Tódolos asistentes recibirán o material necesario para a realización do curso, co propósito de “ofrecer unha atención integral, continuada e personalizada ás persoas en situación de dependencia, coñecer as súas características psicosociais e capacitar aos participantes a prestar funcións de cuidador en domicilios e administración de medicamentos” explicou Mariño.
As inscricións podernase realizar a partir de mañá a través do teléfono 981874131 ou ben no Departamento de Servizos Sociais Comunitarios na Praza 8 de marzos/n.